Que cantigas galegas nos gustan máis?


Presentámosvos algunhas cancións en galego que soen gustar moito. Ao mellor non están nunha versión que algunhas persoas agardan, pero así o vimos entre varios. Isto é só unha escolla para ir mellorando. Podemos escoitalas pulsando sobre o seu título :


"AÍ VÉN O MAIO"
por Luís E. Batallán, letra de Curros Enríquez.

"A RIANXEIRA"
por Dulce Pontes, Carlos Núñez & The Chieftains.

"QUEN POIDERA NAMORALA"
por Milladoiro, de A. Cunqueiro e L.E. Batallán.

"O MIUDIÑO"
por Astarot.

"A CAROLINA"
por Fuxan os Ventos.

"O MEU AMOR É MARIÑEIRO"
por Fuxan os Ventos, letra de Manuel Alegre.

"IRMAUS"
por Fuxan os Ventos, letra de Celso Emilio Ferreiro.

"COMPAÑEIRA"
por Fuxan os Ventos.

"CORPIÑO XEITOSO"
por Luís Tosar, de Andrés  L. Do Barro.

"MIÑA TERRA GALEGA"
por Lucía Pérez, de Siniestro Total.

“HIMNO GALEGO”
por Lucía Pérez, letra de Eduardo Pondal e música de Pascual Veiga.

"NEGRA SOMBRA"
por Luz Casal, letra de Rosalía e música de Xoán Montes.

"LELA"
 por Dulce Pontes, de A. Daniel R. Castelao.

"RAP DA LINGUA"
por Migallas.

"MORAIMA"
por Ana Belén e Milladoiro, letra de Celso Emilio Ferreiro.

"EU EN TI"
por Uxía, letra de Celso Emilio Ferreiro.

"O TREN"
por Andrés  L. Do Barro.

"ADEUS RÍOS, ADEUS FONTES"
por Lucía Pérez, letra de Rosalía e música de Amancio Prada.

"CHOVE EN SANTIAGO"
por Luar Na Lubre, letra de Federico G. Lorca.

"AI AMOR"
por A quenlla, letra de Xosé Neira Vilas.

"O MEU PAÍS"
por Miro Casabella, letra de X.M. Casado e música do cantaautor.

"CATRO VELLOS MARIÑEIROS"
por Escolma de meus.

"VEN BAILAR, CARMIÑA"
por Luar Na Lubre.

"POUSA, POUSA..."
por Luar na Lubre.

"CAMARIÑAS"
por Luz Casal e Luar Na Lubre.

"XENTE"
por Berrogüetto.

"ALECRÍN"
pola Orquestra Sinfónica de Melide.

"XIRAREI"
por Xil Ríos.

"TEÑO SAUDADE"
por Ugia Pedreira, de Andrés  L. Do Barro.

"COA LINGUA DE FÓRA"
por Quempallou.

"UNHA NOITE NA EIRA DO TRIGO"
por Uxía,  letra de M. Curros Enríquez.

"O PIRIMPIMPÍN"
por Malvela.

"NA BEIRA DO MAR"
por Pili Pampín.

"ABRIL EN PORTUGAL-O SACRISTÁN DE COIMBRA"
por Xoán Eiriz.

"O RODABALLO"
Popular.

"QUERO VER COMO TE RIS"
de Medomedá  (cómico-festivo-lúdica, recomendada por varias persoas de menos de 30 anos ).

"VOU A BUEU"
por Luís Tosar, de Andrés  L. Do Barro.


Podedes elixir as dúas que máis vos gusten e tamén podedes engadir outras que non estean aquí, mediante un comentario que pode ser anónimo ou non, como queirades. Agradecemos calquera colaboración. Somos conscientes que podemos mellorar moito, polo que estamos abertos a calquera crítica construtiva que poida servir para progresar como nos gustaría.

Noutro apartado, que tamén queremos ir completando, incluímos versións de cancións orixinais noutras linguas,  a petición de varias persoas ás que lles encanta escoitar en galego:

"TODO PASARÁ"
por Xoán Eiriz.

"AO MEU XEITO"
por Xoán Eiriz.

"MARÍA A PORTUGUESA"
por María do Ceo.

"ALGUÉN CANTOU"
por Xoán Eiriz.

"FERROL"
por Los Limones.

"O POZO DE ARÁN"
por Carlos Núñez.

"TORRES DE COMPOSTELA"
por Lucía Pérez.




3 comentarios:

  1. Encantáronnos moitas das cancións, e algunhas non as coñeciamos. Estas de "ao meu xeito" e "todo pasará" do último grupo foron un descubrimento interesante e gustaron moito a dúas persoas aquí na casa.

    ResponderEliminar
  2. Boa recollida. Hai moitas máis que podían figurar na relación como "Volvín a terra, pero perdín o amor" do noso gran poeta Bernardino Graña, pero non está mal. Aí vén o maio e Coa lingua de fóra gústanme moito.

    ResponderEliminar
  3. Gustáronme moitas. Se hai que elixir, o "Himno Galego" e "Moraima".

    Non se podía facer algo parecido ao das palabras máis fermosas e votar cun clic enriba do nome da cantiga?

    ResponderEliminar