Concurso de chistes 2012


Non ensinar o galego, senón falar en galego:
ese é o gran labor de toda a sociedade

Xaquín Lorenzo, Xocas



No noso proxecto, "Ao galego cantando con alegría e bo humor", recollemos por primeira vez esta actividade que pretende, como un dos obxectivos principais, fomentar a oralidade e, á vez, contribuír a asociar a nosa lingua con actividades ledas da vida diaria.

Así, estamos recollendo chistes curtos que intentan facernos sorrir ou rir, alá cadaquén, cando os lemos. Logo podemoscontalos, mellorando a nosa capacidade de expresión oral e pasándoo ben.

Aquí podía participar toda persoa que quixese, sempre que respectase un mínimo de responsabilidade e non ofendese a outras persoas, claro. E podiamos compartir un pouco de sa alegría que nos fixese sorrir un pouco, que tamén boa falta nos fai a moitos nos tempos que corren, non?


Máis adiante intentaremos facer un concurso para saber cales son os que máis gustan. Moitas grazas por participar.


Algúns, ademais, teñen relación coa fala, collen máis sentido cando os contamos e non poden traducirse doadamente:


1.   "UN MOSQUITO NO...VIÑO" 
O outro día estaba eu nun bar e escoitei a un señor:
Oia, camareiro!  Tróuxome un mosquito "no viño"!
 E o camareiro respondeulle:Perdoe señor, pero é que hoxe non lle temos mosquitos "velliños"!       


 2.   "RINOCERAYER" 
Este era un home tan fino, tan fino, que en vez de dicir "rinoceronte", sempre dicía "rinocerayer".        

3.  "HAI   CEN...TOLAS"
Dúas mozas pasan diante dun restaurante e len un letreiro que anuncia " AQUÍ HAI CENTOLAS". 
Nisto unha mira para a outra e dille: 
- Non oh, contigo xa hai cento unha!      

 
4.  "NEURÉTICO E QUE TOME UN DIURÓTICO"   
Chega un home á casa dunha visita médica e a súa dona dille:
-
 
  Pódese saber que che dixo o médico?
-  Que ando un pouco neurético e que tome un diurótico.      
 
5.   "O XAMÓN ENFERMO" 
Unha nai dálle ao seu fillo un bocadillo de xamón e o rapaz di:
-  Non, mamá, iso non o como que o xamón está enfermo!
-  Vaiche Boa, Vilaboa! Estache de marabilla. Pero, por que dis iso?
-  Non, non! Que lle oín dicir antes á avoa que aínda non che estaba ben curado!      
 

Tamén agradeceriamos moito contos coma este de Heraclio Pérez Placer:
6.  "ASNO... ASNO... ASNO... ÁSNOVE E MEDIA" 
Había unha vez dous mozos, un que se cría moi listo e outro que non che era moi espelido, e o primeiro aproveitaba para burlarse sempre del. Así, cando pasaba a rentes do que era pouco esperto dicíalle:
-  Can... can... can... cando viñeches?
E había xente que se ría moito, pero unha boa persoa explicoulle que se rían porque lle estaba chamando "can".
-   E que podo facer? - preguntou. 
-   Pois cando pase onda ti  e volva dicirche iso, vaslle responder estoutro.Meu dito, meu feito.  Ao pouco tempo, aí veu o "listo"  con varios amigos rindo polo baixo e ao pasar á beira do outro, coma sempre, chantoulle:
-   Can... can... can... cando viñeches?E o "parvo" espetoulle:
-   Asno... asno... asno... ás nove e media.

-   Ala, chámalle parvo!
 - dixo un home maior que escoitou a conversa.
-   Chámalle burro ao cabalo! - escoitaron a unha muller que pasaba por alí.

E así foi como o "listo" marchou co rabo entre as pernas. E nunca mellor dito porque lle chamara "asno", cousa que ninguén  agardaba nin moito menos, dese ao que el, e moitos coma el, chamaban "burro".
E así nunca máis se volveron burlar del.       


7.  "ABOIAN AS MACHADAS?"

Embarquei por primeira vez, con tal mala sorte que fun saltar encima dunha machada, que saltou para o mar. Moi atordado e asustado, calei o conto, por medo á gran reprimenda do novato.
Entón, ao segundo día, a machada fixo falta e todos a preguntar quen vira esa ferramenta, e ninguén sabia dela. Eu non sabia que facer e nisto o meu avó, que ía na proa do barco, berrou: "Para máquina, para máquina, que vai unha machada aboiada". Eu rezumei ledicia e dun chimpo, asomeime á borda, para gritar: "É a nosa, é a nosa ..."
ENSINANZA? Sempre é conveniente asumir os erros e dicir a verdade, xa que ao longo do tempo todo se acaba sabendo.
Dende cando aboian as machadas?

   
 

8.   "UN HOME TAN LENTO... TAN LENTO... "

Era un home tan lento... tan lento... tan lento..., que correu nunha carreira el só e quedou o segundo.


9.  "É O SOL OU É A LÚA?"
Estaban dous veciños de Aldán mirando ao ceo e discutindo:
- Dígoche que aquilo é o sol.
- Que non!, que é a lúa.
Nisto que pasaba unha persoa, parárona e preguntáronlle:
- Desculpe, estamos aquí discutindo se aquilo é o sol ou a lúa, vostede que di?
- Síntollo moito, pero non son de aquí.

10.   "QUE LLE DI A CEBOLA Á COCIÑEIRA?"
- Que lle di unha cebola á cociñeira?
- Es tan hipócrita, que despois de cortarme, aínda por riba choras!!!

11.  "PARVO, NINGUÉN E NINGÚN"
Estes eran tres irmáns chamados Parvo, Ninguén e Ningún.
Un día Ninguén caeu ao río e o seu irmán chamou á policía:
- Policía, policía! Ninguén caeu ao río e Ningún estao axudando!!!
- VOSTEDE É PARVO?
- Si, moito gusto.

12.   "POR DEITARTE CON TANTA XENTE"
Eran dous borrachos que ían durmir, un nunha liteira e o outro na liteira de arriba. O de arriba ponse a rezar:
- Voume ir á cama con Xesús, María, o Espírito Santo...
De súpeto cáese a liteira encima do outro borracho que lle di:
- Isto pasa por deitarte con tanta xente!!!!!!

13.   "POR QUE OS LOUCOS VAN DE GATIÑAS...?"
- Por que os loucos van de gatiñas polo centro comercial?
- Para buscar prezos baixos.

14.    "UN VOLCÁN CHAMA Á SÚA NAI..."
Era unha vez un volcán que había pouco que nacera, estaba empezando a falar e chamaba á súa nai:
-Magmá, magmá!!!!

15.   "XAIMIÑO E OS BARCOS DE COLÓN"
Está Xaimiño na clase, mirando pola fiestra, e a profe pregúntalle:
- Poderías dicirme dous dos nomes dos barcos de Colón.
E Xaimiño, que estaba mirando o camiño pola ventá, dixo:
- Santa María!!! Vaia pinta que leva a nena!
- Moi ben, moi ben - felicitouno a profe.

16.   "VENRES, É CON B OU CON V"
Estaba o alcalde co secretario no concello, e díxolle:
- Pon unha reunión para o venres.
E o secretario preguntoulle:
- Venres con que se escribe, con v ou con b?
Entón o alcalde estivo pensando un anaco e díxolle:
- Pona logo para o martes, que vale igual.

17.   "UN QUE SE VESTÍA TAN MAL... TAN MAL..."
Era un home que se vestía tan mal, pero tan mal, que lle chamaban a caixa forte.
- Por que?
- Porque non había quen lle atopase a combinación.

18.   "UN VAMPIRO CON POUCA VISTA"
Un vampiro atópase con outro, que leva a boca chea de sangue, e dille:
-¡OES!! ¿Onde conseguiches todo ese rico sangue fresco???
-Boh !!  Ves aquel muro de cemento de alí?
-Si
-Pois eu, non o vin!!!!!!!!

19.   "A NAI DE SUPERMÁN"
Estou cansada de coser botóns!!!
Asinado: A nai de Supermán.

20.   "A ÚLTIMA FRASE"
Nunca esquecerei a última frase
do meu pai:
-Luís... non movas o andaaamioooooooooooo!!!!!!!!!!!!!!!!

21.   "É O PRIMEIRO FILLO?"
O recepcionista dun hospital colle o teléfono e escoita:
- A miña muller vai dar a luz, a miña muller vai dar a luz!
El pregunta:
- É o seu primeiro fillo?
e ...
- Non, non, son o seu home.

22.    "NA CONSULTA DO DOUTOR"
Paciente:    - Doutor, doutor, estou seguro de que teño o mal de Sorensen.
Doutor:  - Como está tan seguro se esa enfermidade non dá ningún malestar?
Paciente:    - Porque eses son precisamente os meus síntomas, non me doe nada!

23.     "SERÍA O NOSO PRESIDENTE!"
O presidente dos EEUU, acompañado da súa dona, paran nunha gasolineira e ela di:
- Ese home, o que nos está botando a gasolina, foi o meu noivo no último ano da escola primaria.
E o presidente contéstalle:
- Dáste conta do afortunada que es! Se seguises con el, hoxe serías a muller dun simple obreiro.
Ao que ela responde:
- Non cariño, non. Se seguise e casase con el, hoxe el sería o noso Presidente!!! Sen dúbida ningunha!

24.    "XA ATUREI MOITO DA MIÑA MULLER!"
A policía está interrogando a un ladrón que acaban de prender.
- Explíqueme por que roubou todas as xoias da casa e deixou un millón de euros que estaban alí ao lado.
Ao que o ladrón berra desesperado:
- Pero vostedes tamén???  Déixenme en paz!!! Non aguanto máis, xa aturei moitísimo da miña muller!!!

25.    "OS EMPREGADOS SON MÁIS DIFÍCILES DE ATOPAR QUE OS ENFERMOS!"
Estamos nun hospital, na sala de xuntanzas dos médicos onde están poñendo un cartel enorme:
"TRATADE MOI BEN AOS EMPREGADOS PORQUE SON MOITO MÁIS DIFÍCILES DE ATOPAR QUE OS ENFERMOS"


26.   "UN TAN, TAN, TAN, TAN... PERO TAN, TAN, TAN... QUE O CHAMABAN CAMPÁ"
"Unha vez era un tan, tan, tan, tan, tan, tan, tan, tan, pero tan, tan, tan; que o chamaban campá."


27.   "A ENFERMIDADE QUE TEN XA A COÑECEREMOS NA AUTOPSIA"
Un doutor intenta consolar ao seu paciente que está moi grave:
A verdade é que non damos coa enfermidade que ten, pero non se preocupe. No peor dos casos, seguro que a coñecemos na autopsia.

28.    "CAMAREIRO, QUE TEÑEN DE ENTRADA?" 

"-Camareiro, que teñen de entrada?
  -Pois unha porta de vidro, señora."

29.  "CON ESES PREZOS MELLOR QUE CALE, NON?
Un xuíz dicta sentenza:
-Condenado a unha multa de mil euros por insultos graves á autoridade. Ten algo que dicir?
-Pois si, señoría. Pero con eses prezos mellor que cale, non?

30.   "MAMÁ, PICOUME UNHA SERPE"
"-Mamá, mamá, picoume unha serpe.
 -Cobra, fillo?
 -Non mamá, gratis."

31.   "PRENDAN AO CAPITÁN FIGUEIRAS, CO MAIOR SIXILO!"
Nun posto de mando militar reciben a seguinte orde:
-Prendan ao Capitán Figueiras, co maior sixilo!".
Ás dúas horas responden:
-Capitán Figueiras preso. Non atopamos ao Maior Sixilo, pero seguimos buscándoo.

32.  "POR QUE SE SUICIDOU O LIBRO DE MATE?"
"Por que se suicidou o libro de matemáticas? Porque tiña moitos problemas."

33.   "CAL É O COLMO DUN BOXEADOR?"
"-Cal é o colmo dun boxeador?
-Caer dun décimo piso e esquivar o golpe."

34.   "-ONDE VAS PERELLO?      -E TI?"
Cando din que cando ves un galego nunha escada nunca sabes se sube ou baixa, vese ben reflectido ao atoparse Xan e mais Perello.
Pregunta Xan:
-Onde vas Perello?
Resposta Perello:
-E ti?

35.    "MAMÁ, TRAGUEI A AGULLA DO TOCADISCOS..."
"-Mamá, mamá, traguei a agulla do tocadiscos, iscos, iscos, iscos, iscos, iscos..."

36.   "... DOUS E CAEU O DO MEDIO"
Eran dous e caeuse o do medio.

37.   "ONDE CASAN OS FALCÓNS?"
En Bos Aires.
Onde senón?


38.   "PERO NÓS IMOS CON DEUS"
 Van dúas monxas nunha moto e páraas un policía.-Por aquí morre moita xente -di o policía.Canso
-Pero nós imos con Deus -din as monxas.Inocente
-Entón multa por ir tres nunha moto.Guay

39.   "ONDE ESTÁ O TERCEIRO PORTAAVIÓNS?"

Estabamos de manobras e preguntou o almirante:

"-Deberiamos ser tres portaavións, non? Eu non vexo máis ca dous. Quen me vai dicir onde está o terceiro?"

Non sabiamos como explicarllo, pero despois da mirada que me botou, tiven que dicir con moito coidado:
"-Verá, señor almirante..." -e deume un ataque de tose.
"-Pero que pasa?"
"-Vai vostede nel." 

11 comentarios:

  1. Gustáronme moitos dos chistes. Quería engadir este:
    Un médico dille a un paciente que a partir de agora ten que comer sen sal, á prancha e sen aliñar, o tabaco nin de lonxe e non beber nada que leve alcol.
    -E así vivirei máis e mellor, non? -pregunta o home.
    E respóndelle o doutor:
    -Non llo podo asegurar pero, viva o que viva, seguro que a vida vaille parecer máis longa.

    Se hai que escoller, quedo cos nºs. 1 e 16. E tamén co meu, por suposto.

    ResponderEliminar
  2. Gústanme os chistes. Aí vai un:

    Un labrego atópase cun enxeñeiro, que lle comenta que está estudando o mellor camiño para abrir unha estrada por alí. O campesiño coméntalle que antes soltaban un burro e por onde el ía, ese era o mellor itinerario. E o outro pregunta:
    -E se non había burro?
    -Ai, entón era cando lle chamabamos a un enxeñeiro.

    ResponderEliminar
  3. Este érache un home tan feo, tan feo, pero tan feo, que foi ao concurso dos feos e botárono por abusar.

    Gústanme moitos dos chistes ou contos. Se hai que escoller, elixo os nºs. 1, 6 e 7.

    ResponderEliminar
  4. Unha señora está falando cun home vestido con uniforme militar:
    -Xeneral, o día vinte e nove deste mes dou unha festa na miña casa e conto coa súa compañía.
    -Señora eu mando unha brigada de infantaría, non unha compañía, pero xa que así mo pide, non se preocupe que iremos todos.

    Quería votar polo 32 e o 39

    ResponderEliminar
  5. A ver se vos gusta este:

    Un médico especialista en xinecoloxía recoñece a unha paciente e logo coméntalle:
    - Señora, voulle dar unha boa nova.
    - Perdoe doutor, pero non son señora senón señorita.
    - Entón non sei se será tan boa.

    Gústanme os chistes nº 1, 21 e 23

    ResponderEliminar
  6. A min gústanme os números 6,29 e 39

    ResponderEliminar
  7. Gústanme algúns dos chistes, pero quería saber por cantos se pode votar

    ResponderEliminar
  8. Ola!
    A ver que vos parece este:
    - Mamá, mamá, por que non xogas comigo?
    - Non podo, teño que traballar.
    - E para que queres traballar?
    - Para gañar cartos.
    - E para que precisas os cartos?
    - Pois para darche de comer, ho.
    A nena marcha e de alí a pouco volve a xunta a nai.
    -Mamá xa podes xogar comigo que non teño fame.

    ResponderEliminar
  9. Eran dúas pulgas que saían dun cine e unha pregúntalle á outra:
    - Imos andando ou collemos un can???????

    ResponderEliminar
  10. Que lle di un plátano a outro????
    - ¡Que me peloooooooooooooo!!!!!!!!!

    ResponderEliminar