Participa completando o poema

O equipo de EDLG ESPIÑEIRA-ALDÁN, mándanos este poema e invítanos a participar completándoo.

Anímate, deixa o teu comentario


"Non ser amado non é máis que unha simple desventura,
 a verdadeira desgraza é non saber amar"



Non hai defecto que cariño dabondo non poida mellorar,
nin erro que suficiente afecto non poida comprender.

Non hai pena que tenrura abondo non poida alegrar,
nin rancor que bastante amizade non poida vencer.

Non hai desprezo que estima dabondo non poida perdoar,
nin medo que a confianza precisa non faga desaparecer.

Non hai problema que comprensión abondo non poida solucionar,
nin porta que agarimo bastante non poida abrir.

 ...

18 comentarios:

  1. Non hai pecado que con perdón dabondo non desapareza,
    nin males que non se poidan curar.

    ResponderEliminar
  2. Non hai desgraza que amistade suficiente non poida mellorar,
    nin adversidade que que un sorriso non poida remediar

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Non hai desgraza que amizade suficiente non poida mellorar,
      nin adversidade que un sorriso non poida remediar.

      Eliminar
  3. Non hai enfado que amor dabondo non poida curar,
    nin choros que apertas non poidan remediar.

    ResponderEliminar
  4. Non hai abuso que con arrepentimento non se poida arranxar,
    nin choros que aloumiños non poidan remediar.

    ResponderEliminar
  5. Non hai forza máis grande que o amor,
    nin mal que destrúa o corazón.

    ResponderEliminar
  6. Non hai solución que non poida ser boa,
    nin persoa que queira comprendela non poida.

    ResponderEliminar
  7. Non hai truco cando ti tes ganas de amor,
    nin medo que con confianza non che dea un gran corazón

    ResponderEliminar
  8. ana ruiz 25,4,201225 de abril de 2012, 17:53

    Non hai corazón que non poida querer
    nin boca que non poida comer

    ResponderEliminar
  9. Non hai soño que non se poida cumprir,
    nin pesadelos que non se poidan reducir.

    ResponderEliminar
  10. Non hai fame no mundo que non se poida remediar,
    nin enfermedade que non se poida curar.

    ResponderEliminar
  11. Non hai armas que nos poidan axudar a crear a paz,
    nin guerras que con paz dabondo non se poidan solucionar.

    ResponderEliminar
  12. Non hai suficientes nenos pobres que un bo corazon non poida encher,
    nin suficiente amor que non poida facelos crecer,

    ResponderEliminar
  13. Non hai pensamento negativo que o optimismo non poida remediar
    nin présa que calma dabondo non poida tranquilizar.

    ResponderEliminar
  14. Non hai corazón máis inocente ca o dun neno,
    nin desgraza maior que ver morrer a un pequeno.

    ResponderEliminar
  15. Se a tí che gusta algo, non permitas que ninguén cho impida,
    nin que alguén che quite os teus soños.

    ResponderEliminar
  16. Non hai pelexa que non se poida solucionar,
    nin medo que non se poida superar.

    ResponderEliminar
  17. Non hai dominio que con cariño poida existir,
    nin cariño que sen amigos bos e pacíficos poida vir.

    ResponderEliminar