A
revista ComunidadE é unha revista para toda a comunidade educativa
pero tamén, de toda a comunidade educativa.
Isto
quere dicir que calquera integrante desta comunidade, xa sexa
profesionai, alumnado, familia ou administración educativa, pode
sentir a revista como súa e utilizala como tal.
De
que formas podes participar?
A
primeira é coa súa lectura, mediante a subscrición, que é
totalmente gratuíta.
A
segunda, recomendándoa a todas as persoas coñecidas, animándoas a
lela e a subscribirse.
A
terceira, dando a túa opinión, achegando as túas ideas e
suxestións.
A
cuarta, achegando información que consideres de interese para o
resto da comunidade.
A
quinta, sendo colaborador activo, xa sexa a título persoal ou como
colectivo, escribindo de forma periódica artigos de interese.
Tamén
podes propoñernos outras formas de participar.
Cantos
máis participemos, construiremos máis comunidade.