Que cantigas galegas nos gustan máis?
Presentámosvos algunhas cancións en galego que soen gustar moito. Ao mellor non están nunha versión que algunhas persoas agardan, pero así o vimos entre varios. Isto é só unha escolla para ir mellorando. Podemos escoitalas pulsando sobre o seu título :
"AÍ VÉN O MAIO"
por Luís E. Batallán, letra de Curros Enríquez.
"A RIANXEIRA"
por Dulce Pontes, Carlos Núñez & The Chieftains.
"QUEN POIDERA NAMORALA"
por Milladoiro, de A. Cunqueiro e L.E. Batallán.
"O MIUDIÑO"
por Astarot.
"A CAROLINA"
por Fuxan os Ventos.
"O MEU AMOR É MARIÑEIRO"
por Fuxan os Ventos, letra de Manuel Alegre.
"IRMAUS"
por Fuxan os Ventos, letra de Celso Emilio Ferreiro.
"COMPAÑEIRA"
por Fuxan os Ventos.
"CORPIÑO XEITOSO"
por Luís Tosar, de Andrés L. Do Barro.
"MIÑA TERRA GALEGA"
por Lucía Pérez, de Siniestro Total.
“HIMNO GALEGO”
por Lucía Pérez, letra de Eduardo Pondal e música de Pascual Veiga.
"NEGRA SOMBRA"
por Luz Casal, letra de Rosalía e música de Xoán Montes.
"LELA"
por Dulce Pontes, de A. Daniel R. Castelao.
"RAP DA LINGUA"
por Migallas.
"MORAIMA"
por Ana Belén e Milladoiro, letra de Celso Emilio Ferreiro.
"EU EN TI"
por Uxía, letra de Celso Emilio Ferreiro.
"O TREN"
por Andrés L. Do Barro.
"ADEUS RÍOS, ADEUS FONTES"
por Lucía Pérez, letra de Rosalía e música de Amancio Prada.
"CHOVE EN SANTIAGO"
por Luar Na Lubre, letra de Federico G. Lorca.
"AI AMOR"
por A quenlla, letra de Xosé Neira Vilas.
"O MEU PAÍS"
por Miro Casabella, letra de X.M. Casado e música do cantaautor.
"CATRO VELLOS MARIÑEIROS"
por Escolma de meus.
"VEN BAILAR, CARMIÑA"
por Luar Na Lubre.
"POUSA, POUSA..."
por Luar na Lubre.
"CAMARIÑAS"
por Luz Casal e Luar Na Lubre.
"XENTE"
por Berrogüetto.
"ALECRÍN"
pola Orquestra Sinfónica de Melide.
"XIRAREI"
por Xil Ríos.
"TEÑO SAUDADE"
por Ugia Pedreira, de Andrés L. Do Barro.
"COA LINGUA DE FÓRA"
por Quempallou.
"UNHA NOITE NA EIRA DO TRIGO"
por Uxía, letra de M. Curros Enríquez.
"O PIRIMPIMPÍN"
por Malvela.
"NA BEIRA DO MAR"
por Pili Pampín.
"ABRIL EN PORTUGAL-O SACRISTÁN DE COIMBRA"
por Xoán Eiriz.
"O RODABALLO"
Popular.
"QUERO VER COMO TE RIS"
de Medomedá (cómico-festivo-lúdica, recomendada por varias persoas de menos de 30 anos ).
"VOU A BUEU"
por Luís Tosar, de Andrés L. Do Barro.
Podedes elixir as dúas que máis vos gusten e tamén podedes engadir outras que non estean aquí, mediante un comentario que pode ser anónimo ou non, como queirades. Agradecemos calquera colaboración. Somos conscientes que podemos mellorar moito, polo que estamos abertos a calquera crítica construtiva que poida servir para progresar como nos gustaría.
Noutro apartado, que tamén queremos ir completando, incluímos versións de cancións orixinais noutras linguas, a petición de varias persoas ás que lles encanta escoitar en galego:
"TODO PASARÁ"
por Xoán Eiriz.
"AO MEU XEITO"
por Xoán Eiriz.
"MARÍA A PORTUGUESA"
por María do Ceo.
"ALGUÉN CANTOU"
por Xoán Eiriz.
"FERROL"
por Los Limones.
"O POZO DE ARÁN"
por Carlos Núñez.
"TORRES DE COMPOSTELA"
por Lucía Pérez.
Concurso de chistes 2012
Non ensinar o galego, senón falar en galego:
ese é o gran labor de toda a sociedade
Xaquín Lorenzo, Xocas
ese é o gran labor de toda a sociedade
Xaquín Lorenzo, Xocas
No noso proxecto, "Ao galego cantando con alegría e bo humor", recollemos por primeira vez esta actividade que pretende, como un dos obxectivos principais, fomentar a oralidade e, á vez, contribuír a asociar a nosa lingua con actividades ledas da vida diaria.
Así, estamos recollendo chistes curtos que intentan facernos sorrir ou rir, alá cadaquén, cando os lemos. Logo podemoscontalos, mellorando a nosa capacidade de expresión oral e pasándoo ben.
Así, estamos recollendo chistes curtos que intentan facernos sorrir ou rir, alá cadaquén, cando os lemos. Logo podemoscontalos, mellorando a nosa capacidade de expresión oral e pasándoo ben.
Aquí podía participar toda persoa que quixese, sempre que respectase un mínimo de responsabilidade e non ofendese a outras persoas, claro. E podiamos compartir un pouco de sa alegría que nos fixese sorrir un pouco, que tamén boa falta nos fai a moitos nos tempos que corren, non?
Máis adiante intentaremos facer un concurso para saber cales son os que máis gustan. Moitas grazas por participar.
Algúns, ademais, teñen relación coa fala, collen máis sentido cando os contamos e non poden traducirse doadamente:
1. "UN MOSQUITO NO...VIÑO"
O outro día estaba eu nun bar e escoitei a un señor:
- Oia, camareiro! Tróuxome un mosquito "no viño"!
- Oia, camareiro! Tróuxome un mosquito "no viño"!
E o camareiro respondeulle:- Perdoe señor, pero é que hoxe non lle temos mosquitos "velliños"!

2. "RINOCERAYER"
Este era un home tan fino, tan fino, que en vez de dicir "rinoceronte", sempre dicía "rinocerayer".

3. "HAI CEN...TOLAS"
Dúas mozas pasan diante dun restaurante e len un letreiro que anuncia " AQUÍ HAI CENTOLAS".
Nisto unha mira para a outra e dille:
- Non oh, contigo xa hai cento unha!
4. "NEURÉTICO E QUE TOME UN DIURÓTICO"
Nisto unha mira para a outra e dille:
- Non oh, contigo xa hai cento unha!
4. "NEURÉTICO E QUE TOME UN DIURÓTICO"
Chega un home á casa dunha visita médica e a súa dona dille:
- Pódese saber que che dixo o médico?
- Que ando un pouco neurético e que tome un diurótico.
5. "O XAMÓN ENFERMO"
- Pódese saber que che dixo o médico?
- Que ando un pouco neurético e que tome un diurótico.
5. "O XAMÓN ENFERMO"
Unha nai dálle ao seu fillo un bocadillo de xamón e o rapaz di:
- Non, mamá, iso non o como que o xamón está enfermo!
- Vaiche Boa, Vilaboa! Estache de marabilla. Pero, por que dis iso?
- Non, non! Que lle oín dicir antes á avoa que aínda non che estaba ben curado!
- Non, mamá, iso non o como que o xamón está enfermo!
- Vaiche Boa, Vilaboa! Estache de marabilla. Pero, por que dis iso?
- Non, non! Que lle oín dicir antes á avoa que aínda non che estaba ben curado!
Tamén agradeceriamos moito contos coma este de Heraclio Pérez Placer:
6. "ASNO... ASNO... ASNO... ÁSNOVE E MEDIA"
Había unha vez dous mozos, un que se cría moi listo e outro que non che era moi espelido, e o primeiro aproveitaba para burlarse sempre del. Así, cando pasaba a rentes do que era pouco esperto dicíalle:
- Can... can... can... cando viñeches?
- Can... can... can... cando viñeches?
E había xente que se ría moito, pero unha boa persoa explicoulle que se rían porque lle estaba chamando "can".
- E que podo facer? - preguntou. - Pois cando pase onda ti e volva dicirche iso, vaslle responder estoutro.Meu dito, meu feito. Ao pouco tempo, aí veu o "listo" con varios amigos rindo polo baixo e ao pasar á beira do outro, coma sempre, chantoulle:- Can... can... can... cando viñeches?E o "parvo" espetoulle:
- Asno... asno... asno... ás nove e media.

- Ala, chámalle parvo! - dixo un home maior que escoitou a conversa.
- Chámalle burro ao cabalo! - escoitaron a unha muller que pasaba por alí.
E así foi como o "listo" marchou co rabo entre as pernas. E nunca mellor dito porque lle chamara "asno", cousa que ninguén agardaba nin moito menos, dese ao que el, e moitos coma el, chamaban "burro".
E así nunca máis se volveron burlar del.

7. "ABOIAN AS MACHADAS?"
Embarquei por primeira vez, con tal mala sorte que fun saltar encima dunha machada, que saltou para o mar. Moi atordado e asustado, calei o conto, por medo á gran reprimenda do novato.
Entón, ao segundo día, a machada fixo falta e todos a preguntar quen vira esa ferramenta, e ninguén sabia dela. Eu non sabia que facer e nisto o meu avó, que ía na proa do barco, berrou: "Para máquina, para máquina, que vai unha machada aboiada". Eu rezumei ledicia e dun chimpo, asomeime á borda, para gritar: "É a nosa, é a nosa ..."
ENSINANZA? Sempre é conveniente asumir os erros e dicir a verdade, xa que ao longo do tempo todo se acaba sabendo.
Dende cando aboian as machadas?

8. "UN HOME TAN LENTO... TAN LENTO... "
Era un home tan lento... tan lento... tan lento..., que correu nunha carreira el só e quedou o segundo.
9. "É O SOL OU É A LÚA?"
Estaban dous veciños de Aldán mirando ao ceo e discutindo:
- Dígoche que aquilo é o sol.
- Que non!, que é a lúa.
Nisto que pasaba unha persoa, parárona e preguntáronlle:
- Desculpe, estamos aquí discutindo se aquilo é o sol ou a lúa, vostede que di?
- Síntollo moito, pero non son de aquí.
10. "QUE LLE DI A CEBOLA Á COCIÑEIRA?"
- Que lle di unha cebola á cociñeira?
- Es tan hipócrita, que despois de cortarme, aínda por riba choras!!!
11. "PARVO, NINGUÉN E NINGÚN"
Estes eran tres irmáns chamados Parvo, Ninguén e Ningún.
Un día Ninguén caeu ao río e o seu irmán chamou á policía:
- Policía, policía! Ninguén caeu ao río e Ningún estao axudando!!!
- VOSTEDE É PARVO?
- Si, moito gusto.
12. "POR DEITARTE CON TANTA XENTE"

Eran dous borrachos que ían durmir, un nunha liteira e o outro na liteira de arriba. O de arriba ponse a rezar:
- Voume ir á cama con Xesús, María, o Espírito Santo...
De súpeto cáese a liteira encima do outro borracho que lle di:
- Isto pasa por deitarte con tanta xente!!!!!!
13. "POR QUE OS LOUCOS VAN DE GATIÑAS...?"

- Por que os loucos van de gatiñas polo centro comercial?
- Para buscar prezos baixos.
14. "UN VOLCÁN CHAMA Á SÚA NAI..."
Era unha vez un volcán que había pouco que nacera, estaba empezando a falar e chamaba á súa nai:
-Magmá, magmá!!!!
15. "XAIMIÑO E OS BARCOS DE COLÓN"
Está Xaimiño na clase, mirando pola fiestra, e a profe pregúntalle:
- Poderías dicirme dous dos nomes dos barcos de Colón.
E Xaimiño, que estaba mirando o camiño pola ventá, dixo:
- Santa María!!! Vaia pinta que leva a nena!
- Moi ben, moi ben - felicitouno a profe.
16. "VENRES, É CON B OU CON V"
25. "OS EMPREGADOS SON MÁIS DIFÍCILES DE ATOPAR QUE OS ENFERMOS!"

Estaba o alcalde co secretario no concello, e díxolle:
- Pon unha reunión para o venres.
E o secretario preguntoulle:
- Venres con que se escribe, con v ou con b?
Entón o alcalde estivo pensando un anaco e díxolle:
- Pona logo para o martes, que vale igual.
17. "UN QUE SE VESTÍA TAN MAL... TAN MAL..."
Era un home que se vestía tan mal, pero tan mal, que lle chamaban a caixa forte.
- Por que?
- Porque non había quen lle atopase a combinación.
18. "UN VAMPIRO CON POUCA VISTA"
Un vampiro atópase con outro, que leva a boca chea de sangue, e dille:
-¡OES!! ¿Onde conseguiches todo ese rico sangue fresco???
-Boh !! Ves aquel muro de cemento de alí?
-Si
-Pois eu, non o vin!!!!!!!!
19. "A NAI DE SUPERMÁN"
Estou cansada de coser botóns!!!
Asinado: A nai de Supermán.
20. "A ÚLTIMA FRASE"
Nunca esquecerei a última frase
do meu pai:
-Luís... non movas o andaaamioooooooooooo!!!!!!!!!! !!!!!!
21. "É O PRIMEIRO FILLO?"

-Luís... non movas o andaaamioooooooooooo!!!!!!!!!!
21. "É O PRIMEIRO FILLO?"
O recepcionista dun hospital colle o teléfono e escoita:
- A miña muller vai dar a luz, a miña muller vai dar a luz!
El pregunta:
- É o seu primeiro fillo?
e ...
- Non, non, son o seu home.
22. "NA CONSULTA DO DOUTOR"
- A miña muller vai dar a luz, a miña muller vai dar a luz!
El pregunta:
- É o seu primeiro fillo?
e ...
- Non, non, son o seu home.
22. "NA CONSULTA DO DOUTOR"
Paciente: - Doutor, doutor, estou seguro de que teño o mal de Sorensen.
Doutor: - Como está tan seguro se esa enfermidade non dá ningún malestar?
Paciente: - Porque eses son precisamente os meus síntomas, non me doe nada!
23. "SERÍA O NOSO PRESIDENTE!"
Doutor: - Como está tan seguro se esa enfermidade non dá ningún malestar?
Paciente: - Porque eses son precisamente os meus síntomas, non me doe nada!
23. "SERÍA O NOSO PRESIDENTE!"
O presidente dos EEUU, acompañado da súa dona, paran nunha gasolineira e ela di:
- Ese home, o que nos está botando a gasolina, foi o meu noivo no último ano da escola primaria.
E o presidente contéstalle:
- Dáste conta do afortunada que es! Se seguises con el, hoxe serías a muller dun simple obreiro.
Ao que ela responde:
- Non cariño, non. Se seguise e casase con el, hoxe el sería o noso Presidente!!! Sen dúbida ningunha!
24. "XA ATUREI MOITO DA MIÑA MULLER!"

A policía está interrogando a un ladrón que acaban de prender.
- Explíqueme por que roubou todas as xoias da casa e deixou un millón de euros que estaban alí ao lado.
Ao que o ladrón berra desesperado:
- Pero vostedes tamén??? Déixenme en paz!!! Non aguanto máis, xa aturei moitísimo da miña muller!!!
- Explíqueme por que roubou todas as xoias da casa e deixou un millón de euros que estaban alí ao lado.
Ao que o ladrón berra desesperado:
- Pero vostedes tamén??? Déixenme en paz!!! Non aguanto máis, xa aturei moitísimo da miña muller!!!
25. "OS EMPREGADOS SON MÁIS DIFÍCILES DE ATOPAR QUE OS ENFERMOS!"
Estamos nun hospital, na sala de xuntanzas dos médicos onde están poñendo un cartel enorme:
"TRATADE MOI BEN AOS EMPREGADOS PORQUE SON MOITO MÁIS DIFÍCILES DE ATOPAR QUE OS ENFERMOS"
26. "UN TAN, TAN, TAN, TAN... PERO TAN, TAN, TAN... QUE O CHAMABAN CAMPÁ"
"Unha vez era un tan, tan, tan, tan, tan, tan, tan, tan, pero tan, tan, tan; que o chamaban campá."
27. "A ENFERMIDADE QUE TEN XA A COÑECEREMOS NA AUTOPSIA"
31. "PRENDAN AO CAPITÁN FIGUEIRAS, CO MAIOR SIXILO!"
Nun posto de mando militar reciben a seguinte orde:

Un doutor intenta consolar ao seu paciente que está moi grave:
A verdade é que non damos coa enfermidade que ten, pero non se preocupe. No peor dos casos, seguro que a coñecemos na autopsia.
28. "CAMAREIRO, QUE TEÑEN DE ENTRADA?"
"-Camareiro, que teñen de entrada?
-Pois unha porta de vidro, señora."
29. "CON ESES PREZOS MELLOR QUE CALE, NON?

Un xuíz dicta sentenza:
-Condenado a unha multa de mil euros por insultos graves á autoridade. Ten algo que dicir?
-Pois si, señoría. Pero con eses prezos mellor que cale, non?
30. "MAMÁ, PICOUME UNHA SERPE"
"-Mamá, mamá, picoume unha serpe.
-Cobra, fillo?
-Non mamá, gratis."
-Condenado a unha multa de mil euros por insultos graves á autoridade. Ten algo que dicir?
-Pois si, señoría. Pero con eses prezos mellor que cale, non?
30. "MAMÁ, PICOUME UNHA SERPE"
"-Mamá, mamá, picoume unha serpe.
-Cobra, fillo?
-Non mamá, gratis."
31. "PRENDAN AO CAPITÁN FIGUEIRAS, CO MAIOR SIXILO!"
Nun posto de mando militar reciben a seguinte orde:
-Prendan ao Capitán Figueiras, co maior sixilo!".
Ás dúas horas responden:
-Capitán Figueiras preso. Non atopamos ao Maior Sixilo, pero seguimos buscándoo.
32. "POR QUE SE SUICIDOU O LIBRO DE MATE?"
"Por que se suicidou o libro de matemáticas? Porque tiña moitos problemas."
33. "CAL É O COLMO DUN BOXEADOR?"
"-Cal é o colmo dun boxeador?
-Caer dun décimo piso e esquivar o golpe."
34. "-ONDE VAS PERELLO? -E TI?"

Cando din que cando ves un galego nunha escada nunca sabes se sube ou baixa, vese ben reflectido ao atoparse Xan e mais Perello.
Pregunta Xan:
-Onde vas Perello?
Resposta Perello:
-E ti?
35. "MAMÁ, TRAGUEI A AGULLA DO TOCADISCOS..."
"-Mamá, mamá, traguei a agulla do tocadiscos, iscos, iscos, iscos, iscos, iscos..."
36. "... DOUS E CAEU O DO MEDIO"
Eran dous e caeuse o do medio.
37. "ONDE CASAN OS FALCÓNS?"
En Bos Aires.

Onde senón?
38. "PERO NÓS IMOS CON DEUS"
Van dúas monxas nunha moto e páraas un policía.-Por aquí morre moita xente -di o policía.
-Pero nós imos con Deus -din as monxas.

-Pero nós imos con Deus -din as monxas.

-Entón multa por ir tres nunha moto.

39. "ONDE ESTÁ O TERCEIRO PORTAAVIÓNS?"
"-Deberiamos ser tres portaavións, non? Eu non vexo máis ca dous. Quen me vai dicir onde está o terceiro?"
Non sabiamos como explicarllo, pero despois da mirada que me botou, tiven que dicir con moito coidado:
"-Verá, señor almirante..." -e deume un ataque de tose.
"-Pero que pasa?"
"-Vai vostede nel."
Estabamos de manobras e preguntou o almirante:
"-Deberiamos ser tres portaavións, non? Eu non vexo máis ca dous. Quen me vai dicir onde está o terceiro?"
Non sabiamos como explicarllo, pero despois da mirada que me botou, tiven que dicir con moito coidado:
"-Verá, señor almirante..." -e deume un ataque de tose.
"-Pero que pasa?"
"-Vai vostede nel."
Vendo Amplificador Fender Frontman 15R
De 15 watios con:
1 entrada INPUT
2 entradas de AUX IN de sonido
1 entrada de AURICULARES (HEAD-PHONES)
1 controlador de VOLUMEN NORMAL
1 controlador de la DISTORSIÓN (GAIN)
1 controlador del VOLUMEN DRIVE
1 controlador del TREBLE
1 controlador de AGUDOS (MIDDLE)
1 controlador de BAJOS (BASS)
1 controlador de la REVERBERACIÓN
(REVERB)
1 interruptor de DRIVE SELECT
1 interruptor de POWER.
Precio: 69,50 €
Contacto: 638904848
Precio: 69,50 €
Contacto: 638904848
Participa completando o poema
O equipo de EDLG ESPIÑEIRA-ALDÁN, mándanos este poema e invítanos a participar completándoo.
Anímate, deixa o teu comentario
Anímate, deixa o teu comentario
"Non ser amado non é máis que unha simple desventura,
a verdadeira desgraza é non saber amar"
Non hai defecto que cariño dabondo non poida mellorar,
nin erro que suficiente afecto non poida comprender.
Non hai pena que tenrura abondo non poida alegrar,
nin rancor que bastante amizade non poida vencer.
Non hai desprezo que estima dabondo non poida perdoar,
nin medo que a confianza precisa non faga desaparecer.
Non hai problema que comprensión abondo non poida solucionar,
nin porta que agarimo bastante non poida abrir.
...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)